anton reixa - ghicho distinto
- Autor: Manuel Xestoso / Xose Cid
- ISBN: 978-84-9914-399-6
- EAN: 9788499143996
- Editorial: XERAIS
- Colección: CRONICA
- Idioma: Gallego
- Año de edición: 2012
- Número de páginas: 344
- Tamaño: 220x145
1-3 semanas
Sinopsis
A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.
Productos de la misma colección
elkar txartela 21,80 €
elkar txartela 17,05 €